Sábado, 20 de diciembre de 2003
O 20 de decembro do 2003, día previo ós dias do Nadal, o Grupo de Accións Lúdico-Festeiras, un conxunto de persoas con ganas de pasalo ben e facer pensar un pouco á sociedade, realizou unha das súas primeiras accións.
A acción consistiu nunha miscelánea de iniciativas que se desenvolveron nas rúas máis centricas da Coruña, diante daqueles establecementos que fomentan e se benefician do consumismo actual, diante dos establecementos das grandes multinacionais (multiNAZIonai$): Mc Donalds, Pull&Bear, Berska, Stradivarius, etc.
Dende cánticos de panxoliñas con versións anticonsumistas, ata pequenas escenificacións teatrais parodiando personaxes estandarte da sociedade consumista (Amancio Ortega, David Berckam, etc), pasando por pancartas que inducían a consumir (ironizando sobre a situación), etc.
Durante dúas horas (entre as 18 e as 20 horas) a festa rachada gañoulle a partida ó consumo. Os e as cidadáns estiveron moi receptivos á acción, implicándose, participando, solicitando información, etc.
Música, teatro, arte, ... e sobre todo moita festa para divertirse e algo máis.
Os principais obxectivos desta acción foron:
facer consciente á cidadanía de que cada vez consumimos máis e peor. Deixar patente que estamos asistindo a un crecemento abismal do consumismo, que ten efectos moi perniciosos: desiguldades, alienación, dependencia, peor saúde, etc.
mostrar os perigos de mercar en comercios de multinacionais: eliminación do comercio local, da producción local, uniformización cultural, etc.
reivindicar novas formas de ocio. Para divertirse non fai falla consumir. Se hai ganas de pasalo ben, logo xurde a festa.
Esta acción foi a primeira deste grupo de persoas, pero non será a última. Haberá máis e máis impactantes. Faremos asambleas nos vindeiros días para preparar as próximas accións. Tanto as accións como as asambleas están abertas a tódalas persoas interesadas. É máis, necesitamos que participedes, que vos impliquedes, que loitemos tod@s contra esta sociedade consumista, e sobre todo que o pasemos moi ben.
Por: Guerrilleiro Lúdico 7 | Resumo de Accións | Comentarios (0) | Referencias (0)
Enterate, unete, participa. Por unha sociedade máis aberta, reflexiva e critica. A nosa arma: o teatro, o clown, a escenificación.