Domingo, 04 de enero de 2004
"Atención. Noticia de última hora en A Coruña. Un grupo de Guerrilleir@s Lúdic@s acaba de invadir a cidade".
As súas armas son a diversión, a festa e a troula. Ocuparon as principais zonas da cidade, secuestraron o aburrimento e bombardearon de risas as rúas coruñesas.
Con misiles de teatro, proxectis musicais, e cun escudo de bó humor atacaron no corazón do enemigo. Pero, ¿cal é o enemigo? Son as grandes multiNAZIonai$, as grandes empresas .. que nos fan consumir máis e máis coa falsa idea de facernos felices. Ademáis o enemigo non ten ningún respeto polos seus traballadores/as, polo medio ambiente, pola xustiza social.
Estes Guerrilleir@s Lúdic@s loitan por eliminar o consumismo da sociedade actual. ¿Quizáis sexa unha utopía? ¿Quizáis sexa unha realidade? Sexa o que sexa, este grupo de guerrilleir@s xa camiña para conseguilo.”
Tal como relatan as liñas anteriores os Guerrilleir@s Lúdic@s, desenvolveron hoxe, catro de xaneiro, outra das súas accións anticonsumistas.
Despois de que a policiía impedira realizar calqueira tipo de acció, xa fose cantar, bailar, ou pasear en grupo pola rúa, os Guerrilleir@s Lúdic@s dediciron facer de igual xeito as súas accións.
Mediante a música, as esceas teatrais, a interacción coa xente, reparto de folletos, etc. este grupo de persoas intentou divertirse e divertir, pero sobre todo sensibilizar á poboación de que o modelo de consumo actual non é sostible. Non é sostible para nós mesmos, pois chegará un momento no que estaremos alienados polo consumo. A nosa razón de vida será consumir.
Non é sostible para as persoas que explotan as multinacionais para que nós poidamos disfrutar de todos or artigos e servicios de consumo.
Non é sostible para o medio ambiente, pois estamos esquilmando os recursos do planeta e ademáis o extamos intoxicando coa contaminación e os residuos.
Non é sostible.
A acción desenvolveuse dende as 18 ata as 20 horas polas rúas máis comerciais de A Coruña. Primeiro foron os pasarúas con panxoliñas anticonsumistas. Logo realizouse unha sesión de “aerobic consumista”, e a continuación sucedéronse diferentes esceas teatrais con diferentes persoaxes de actualidade: Amancio Ortiga, Deiviz Berskam, Monseñor Tronco Varela, etc.
“Os Guerrilleir@s Lúdic@s ameazan con voltar nos vindeiros días”.
Por: Guerrilleiro Lúdico 7 | Resumo de Accións | Comentarios (0) | Referencias (0)
Enterate, unete, participa. Por unha sociedade máis aberta, reflexiva e critica. A nosa arma: o teatro, o clown, a escenificación.