Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Sábado, 07 de febrero de 2004

Acción antimilitarista 07-02-2004

O sete de febreiro de 2004, un exército “laureado” e “poderoso” desfilou pola rúa Barcelona, mostrando as grandes ventaxas e capacidades dun exército.

Os Guerrilleir@s Lúdic@s desénvolvemos outra das nosas accións, desta volta de cariz antimilitarista. Facendo unha parodia sobre as “forzas armadas” realizouse un desfile militar, cánticos castrenses, maniobras militares, ataques a posibles terroristas, centro de reclutamento, etc.

O obxectivo da acción foi mostrar a nosa maior respulsa ós exércitos e ás guerras (dende as máis coñecidas ata aquelas que non saen á luz).
Esiximos que se paralicen todas as guerras, conflictos armados, etc. Ademáis reivindicamos que os estados deixen de aumentar os fondos económicos destinados a usos militares ou investigación militar.
Polo tanto queremos que as tropas aliadas abandonen Irak, que o goberno do PP deixe de aumentar o gasto militar, etc.

Ademáis non esquecemos o noso obxectivo fundamental que é o de reivindicar a festa, a parranda colectiva, a liberdade para as nosas rúas, etc.

Tamén acadamos outro dos nosos obxectivos: implicar á xente na acción e no funcionamento do Guerrilleir@s Lúdic@s.

En poucos días informaremos das próximas accións.

Se tes ganas de xoula e cres que o mundo vai de cú, eres un Guerrilleir@ Lúdic@, aínda que non o saibas.

Por: Guerrilleiro Lúdico 7 | Resumo de Accións | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Búsqueda

Acerca de

Enterate, unete, participa. Por unha sociedade máis aberta, reflexiva e critica. A nosa arma: o teatro, o clown, a escenificación.

Comentarios

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


Free Web Counter ecoestadistica.com