Jueves, 17 de noviembre de 2005
@s guerrilleir@s lúdic@s xurdiron nestas mesmas datas dous anos atrás, houbo varias accións de rúa e reivindicativas, acadando un importante renome dentro do entorno social da cidade. A pesar diso, dificultades polas diversas ocupacións e dispersión dos seus membros (Lugo, Euskadi, Berlín, ...) levaronnos a pospoñer a realización de novas iniciativas, sempre pensando no momento propicio para o regreso.
¡O momento é agora! ¡Comeza unha nova andaina na que a rúa será de todos! ¡Esperamos a participación de tod@s!
¿Para quen?
Para todas aquelas persoas que pensen que este mundo vai a peor. Para aquelas persoas que queren facer algo para melloralo. Para aquelas persoas que queren sair a rúa para facer algo creativo, dinámico, divertido, etc. Para aquelas persoas que leven a festa e a parranda dentro. Para aqueles e aqueles que pensen que divertíndose se pode acadar un mundo mellor.
¿Qué pasa?
Que o movemento Guerrilleir@s Lúdic@s, que tanto dera que falar nestas datas hai dous anos, quere voltar a carga. Primeiro queremos reunirnos, falar, e logo se hai ánimos e forzas preparar algunha cousiña para facer na rúa (todas as persoas son benvidas, esto e algo aberto totalmente, cantos mais mellor).
¿Cando quedamos?
Pois a convocatoria que facemos e para o vindeiro luns, dia 21 de novembro, ás 22:30 no Bar Pedroso (rua Pedroso, Os Mallos. A Coruña). Deste xeito tomamoslle unhas tapas e falamos mellor. Esperamos contar coa máxima asistencia, non é necesario avisar antes, vémonos todos no Pedroso.
Se queres poñerte en contacto con nós ou recibir máis información:
bitácora d@s guerrilleir@s lúdic@s ou mail d@s guerrilleir@s lúdic@s
Por: Guerrilleiro Lúdico 7 | Noticias | Comentarios (1) | Referencias (0)
a-piñón | 24-11-2005 23:21:23
Enterate, unete, participa. Por unha sociedade máis aberta, reflexiva e critica. A nosa arma: o teatro, o clown, a escenificación.