Guerrilleir@s Lúdic@s
	<sy:updateFrequency>1</sy:updateFrequency>
Nova acción anticonsumista d@s guerrilleir@s lúdic@s
	<content:encoded><![CDATA[Se respira un ambiente de acción, de rúa, de provocación, de participación, de reflexión, ... ¡¡¡ Xa está en marcha unha nova acción d@s guerrilleir@s lúdic@s !!!
Próximamente anunciaremos máis detalles, polo momento estade atentos, porque o 17 de decembro podedes atopar algunha sorpresa...]]></content:encoded>
Renacen @s guerrilleir@s lúdic@s
	<content:encoded><![CDATA[@s guerrilleir@s lúdic@s xurdiron nestas mesmas datas dous anos atrás, houbo varias accións de rúa e reivindicativas, acadando un importante renome dentro do entorno social da cidade. A pesar diso, dificultades polas diversas ocupacións e dispersión dos seus membros (Lugo, Euskadi, Berlín, ...) levaronnos a pospoñer a realización de novas iniciativas, sempre pensando no momento propicio para o regreso.
¡O momento é agora! ¡Comeza unha nova andaina na que a rúa será de todos! ¡Esperamos a participación de tod@s!
¿Para quen?
Para todas aquelas persoas que pensen que este mundo vai a peor. Para aquelas persoas que queren facer algo para melloralo. Para aquelas persoas que queren sair a rúa para facer algo creativo, dinámico, divertido, etc. Para aquelas persoas que leven a festa e a parranda dentro. Para aqueles e aqueles que pensen que divertíndose se pode acadar un mundo mellor.
¿Qué pasa?
Que o movemento Guerrilleir@s Lúdic@s, que tanto dera que falar nestas datas hai dous anos, quere voltar a carga. Primeiro queremos reunirnos, falar, e logo se hai ánimos e forzas preparar algunha cousiña para facer na rúa (todas as persoas son benvidas, esto e algo aberto totalmente, cantos mais mellor).
¿Cando quedamos?
Pois a convocatoria que facemos e para o vindeiro luns, dia 21 de novembro, ás 22:30 no Bar Pedroso (rua Pedroso, Os Mallos. A Coruña). Deste xeito tomamoslle unhas tapas e falamos mellor. Esperamos contar coa máxima asistencia, non é necesario avisar antes, vémonos todos no Pedroso.
Se queres poñerte en contacto con nós ou recibir máis información:
bitácora d@s guerrilleir@s lúdic@s ou mail d@s guerrilleir@s lúdic@s]]></content:encoded>
GUERRILLEIR@S LÚDIC@S
	<content:encoded><![CDATA[¿QUEN SOMOS?
Os Guerrilleir@s Lúdic@s somos un grupo de persoas ás que nos gusta a festa e a parranda. Pero ademáis de divertirnos queremos que a sociedade reflexione. Se sigues lendo quedarás abraiado.
¿QUE FACEMOS?
A nosa principal actividade é a acción directa non violenta (eso sempre). Levamos a festa reivindicativa ás rúas (teatro, música ...), para divertirnos e para divertir. Pero todas as accións teñen mensaxe, pretenden concienciar á sociedade en valores máis xustos, ecolóxicos, solidarios, etc.
¿PARA QUE?
O principal obxectivo é divertirnos e pasalo ben
Reivindicar o dereito á festa e á parranda colectiva
Despertar á sociedade, facela pensar, concienciar ... Que se reflexione sobre diferentes aspectos da sociedade actual (inxusta, antiecolóxica, insolidaria ...)
Que se saiba que “outro mundo é posible”
E, todo esto,  sen entrar en confrontacións, evitando malos rollos
¿COMO PODO PARTICIPAR?
Todas as actividades están abertas a quen queira participar. Cant@s máis sexamos mellor o pasaremos e maior será a repercusión na sociedade.
Calquera pode implicarse, tan só é necesario ter ganas de divertirse. 
¿ONDE ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?
Se che gusta a festa, se cres que outro mundo é posible, eres un/unha GUERRILLEIR@ LÚDIC@.]]></content:encoded>
Acción antimilitarista 07-02-2004
	<content:encoded><![CDATA[O sete de febreiro de 2004, un exército “laureado” e “poderoso” desfilou pola rúa Barcelona, mostrando as grandes ventaxas e capacidades dun exército.
    Os Guerrilleir@s Lúdic@s desénvolvemos outra das nosas accións, desta volta de cariz antimilitarista. Facendo unha parodia sobre as “forzas armadas” realizouse un desfile militar, cánticos castrenses, maniobras militares, ataques a posibles terroristas, centro de reclutamento, etc.
O obxectivo da acción foi mostrar a nosa maior respulsa ós exércitos e ás guerras (dende as máis coñecidas ata aquelas que non saen á luz).
Esiximos que se paralicen todas as guerras, conflictos armados, etc. Ademáis reivindicamos que os estados deixen de aumentar os fondos económicos destinados a usos militares ou investigación militar.
Polo tanto queremos que as tropas aliadas abandonen Irak, que o goberno do PP deixe de aumentar o gasto militar, etc.
Ademáis non esquecemos o noso obxectivo fundamental que é o de reivindicar a festa, a parranda colectiva, a liberdade para as nosas rúas, etc.
Tamén acadamos outro dos nosos obxectivos: implicar á xente na acción e no funcionamento do Guerrilleir@s Lúdic@s.
En poucos días informaremos das próximas accións.
Se tes ganas de xoula e cres que o mundo vai de cú, eres un Guerrilleir@ Lúdic@, aínda que non o saibas.]]></content:encoded>
Accións anticonsumistas na rúa 4-01-2004
	<content:encoded><![CDATA["Atención. Noticia de última hora en A Coruña. Un grupo de Guerrilleir@s Lúdic@s acaba de invadir a cidade".
As súas armas son a diversión, a festa  e a troula. Ocuparon as principais zonas da cidade, secuestraron o aburrimento e bombardearon de risas as rúas coruñesas.
Con misiles de teatro, proxectis musicais, e cun escudo de bó humor atacaron no corazón do enemigo. Pero, ¿cal é o enemigo? Son as grandes multiNAZIonai$, as grandes empresas .. que nos fan consumir máis e máis coa falsa idea de facernos felices.  Ademáis o enemigo non ten ningún respeto polos seus traballadores/as, polo medio ambiente, pola xustiza social.
Estes Guerrilleir@s Lúdic@s loitan por eliminar o consumismo da sociedade actual. ¿Quizáis sexa unha utopía? ¿Quizáis sexa unha realidade? Sexa o que sexa, este grupo de guerrilleir@s xa camiña para conseguilo.”
Tal como relatan as liñas anteriores os Guerrilleir@s Lúdic@s, desenvolveron hoxe, catro de xaneiro, outra das súas accións anticonsumistas.
Despois de que a policiía impedira realizar calqueira tipo de acció, xa fose cantar, bailar, ou pasear en grupo pola rúa, os Guerrilleir@s Lúdic@s dediciron facer de igual xeito as súas accións.
Mediante a música, as esceas teatrais, a interacción coa xente, reparto de folletos, etc. este grupo de persoas intentou divertirse e divertir, pero sobre todo sensibilizar á poboación de que o modelo de consumo actual non é sostible. Non é sostible para nós mesmos, pois chegará un momento no que estaremos alienados polo consumo. A nosa razón de vida será consumir.
Non é sostible para as persoas que explotan as multinacionais para que nós poidamos disfrutar de todos or artigos e servicios de consumo.
Non é sostible para o medio ambiente, pois estamos esquilmando os recursos do planeta e ademáis o extamos intoxicando coa contaminación e os residuos.
Non é sostible.
    A acción desenvolveuse dende as 18 ata as 20 horas polas rúas máis comerciais de  A Coruña. Primeiro foron os pasarúas con panxoliñas anticonsumistas. Logo realizouse unha sesión de “aerobic consumista”, e a continuación sucedéronse diferentes esceas teatrais con diferentes persoaxes de actualidade: Amancio Ortiga, Deiviz Berskam, Monseñor Tronco Varela, etc.
“Os Guerrilleir@s Lúdic@s ameazan con voltar nos vindeiros días”.]]></content:encoded>
Accións Anticonsumistas na rúa 20-12-2003
	<content:encoded><![CDATA[O 20 de decembro do 2003, día previo ós dias do Nadal, o Grupo de Accións Lúdico-Festeiras, un conxunto de persoas con ganas de pasalo ben e facer pensar un pouco á sociedade, realizou unha das súas primeiras accións.
A acción consistiu nunha miscelánea de iniciativas que se desenvolveron nas rúas máis centricas da Coruña, diante daqueles establecementos que fomentan e se benefician do consumismo actual, diante dos establecementos das grandes multinacionais (multiNAZIonai$): Mc Donalds, Pull&Bear, Berska, Stradivarius, etc.
Dende cánticos de panxoliñas con versións anticonsumistas, ata pequenas escenificacións teatrais parodiando personaxes estandarte da sociedade consumista (Amancio Ortega, David Berckam, etc), pasando por pancartas que inducían a consumir (ironizando sobre a situación), etc. 
Durante dúas horas (entre as 18 e as 20 horas) a festa rachada gañoulle a partida ó consumo. Os e as cidadáns estiveron moi receptivos á acción, implicándose, participando, solicitando información, etc.
Música, teatro, arte, ... e sobre todo moita festa para divertirse e algo máis.
Os principais obxectivos desta acción foron:
facer consciente á cidadanía de que cada vez consumimos máis e peor. Deixar patente que estamos asistindo a un crecemento abismal do consumismo, que ten efectos moi perniciosos: desiguldades, alienación, dependencia, peor saúde, etc.
mostrar os perigos de mercar en comercios de multinacionais: eliminación do comercio local, da producción local, uniformización cultural, etc.
reivindicar novas formas de ocio. Para divertirse non fai falla consumir. Se hai ganas de pasalo ben, logo xurde a festa.
Esta acción foi a primeira deste grupo de persoas, pero non será a última. Haberá máis e máis impactantes. Faremos asambleas nos vindeiros días para preparar as próximas accións. Tanto as accións como as asambleas están abertas a tódalas persoas interesadas. É máis, necesitamos que participedes, que vos impliquedes, que loitemos tod@s contra esta sociedade consumista, e sobre todo que o pasemos moi  ben.]]></content:encoded>